O Saviñao dá 0 posivos no cribado

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns,15 de febreiro, un total de 1.171 casos activos por coronavirus. Son 65 menos ca os que había onte. Ademais, nas últimas 24 horas confirmáronse 35 positivos novos a través de PCR, polo que tamén se mantén a tendencia á baixa no número de contaxios detectados.

PCR Monforte / XdL

O Sergas informa este luns, 15 de febreiro, dos resultados do cribado desenvolto no concello do Saviñao para detectar positivos asintomáticos. Convocárase para a realización dos tests de antíxenos a 501 persoas e acudiron 356. Todas elas arroxaron un resultado negativo.

Os datos oficiais contabilizan no Saviñao 13 casos activos, 2 menos ca onte. 13 tamén en Quiroga, A Pobra do Brollón e 13 as persoas hospitalizadas por Covid19 no Hospital de Monforte, concello que conta con 111 casos activos, 15 menos ca onte. Sober contabiliza 20 casos, Taboada 14, Pantón 11, Sarria 33 e con menos de 10 Bóveda, O Incio, Ribas de Sil, Chantada e Carballedo.

A presión hospitalaria na provincia diminúe lentamente. O Sergas comunica hoxe que hai 87 pacientes de Covid ingresados (un menos ca onte): deles, 61 están en planta (38 no HULA, 9 na Mariña, 13 en Monforte, 1 no Polusa) e os outros 26 na unidade de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti. Toda a información no Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here