Outra adaptación de horarios para o transporte escolar do CEIP Xoán de Requeixo

A Xunta de Galicia volve adaptar os horarios de saída do transporte escolar do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada. Agora, seis dos oito autobuses que recollen aos alumnos á saída do comedor terán fixada a saída ás 15.30 horas, mentres que os outros dous autobuses manteñen a saída ás 15.15 horas.

ceip Xoán de Requeixo / páxinas galegas

O novo horario de saída do transporte para os alumnos do colexio chantadino entrará en funcionamento o vindeiro luns, día 22. Agora informarase aos pais e nais dos alumnos do centro dos novos horarios, que ademais permitirán facer unha saída gradual dos escolares . Con esa adaptación adiántase a saída en 30 ou 45 minutos, dependendo do autobús. 

Hai apenas dez días, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade fixo unha primeira adaptación despois de ter coñecemento das peticións da dirección do centro, que solicitaba o adianto do horario de dúas liñas de autobuses que parten do CEIP Xoán Requeixo. A nova medida responde á solicitude da Anpa do centro, pedindo o pasado 12 de febreiro o cambio de horario nos oito autobuses desta ruta.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here