Lucía Varela, 4º posto da Fase Autonómica da XVI Olimpíada de Bioloxía

Lucía Varela Méndez, alumna de 2º de Bacharelato (Ciencias) do IES A Pinguela, vén de conseguír o 4º posto nas probas presenciais da Fase Autonómica da XVI Olimpíada de Bioloxía que se celebrou en Vigo.

Lucía Varela IES A Pinguela

Participaron na fase autonómica os mellores 20 alumnos da fase clasificatoria previa. O IES A Pinguela felicita a Lucía polo éxito que supón acadar un dos primeiros postos da XVI Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica).

Este 4º posto “Premia e recoñece un esforzo importante que seguro mellorou os seus coñecementos e o seu amor pola materia. Felicitamos tamén ó departamento de Bioloxía e ós profesores de 1º e 2º de Bacharelato polo traballo realizado,” sinalan desde o centro. 

A XVI Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) convócaa a Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, Directora do Grupo de Traballo de Bioloxía da Selectividade (CIUG) e Inspección de Educación da Xunta de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here