Reparto masivo en Monforte de 190.000 máscaras

O concello de Monforte comeza o luns, 22 de febreiro, a distribución de 190.000 unidades de máscaras sanitarias, co obxectivo de facilitar ós veciños medidas de prevención e contención ante a Covid-19.

reparto máscaras / concello de Monforte

O Concello destina 10 unidades de máscaras por persoa, que “é a maior cantidade repartida por persoa, por unha administración pública, tanto local coma autonómica, cun total de de 190.000 unidades de mascarillas, destinadas a todos veciños e veciñas censados en Monforte”, destacou o Alcalde.

Estas 190.000 máscaras engádense ás 70.000 máscaras repartidas dende o Concello entre os mozos do municipio a principios do mes de xaneiro de 2021. No ano 2020 o Concello repartiu 150.000 máscaras entre todos os cidadáns monfortinos, destinou 23.000 unidades a alumnos de todos os centros educativos e 12.000 distribuíronse entre os comerciantes e hostaleiros da cidade. 

As máscaras poderán ser recollidas por todos os cidadáns censados en Monforte dende o vindeiro luns 22 e ata o venres, 26 de febreiro no Edificio Multiusos  (ronda María Emilia Casas Baamonde), en horario de 9:00 a 14.30 horas.

Esta recollida poderá ser levada a cabo por un membro da unidade familiar, que deberá presentar o seu DNI, e poderá recoller o resto de máscaras correspondentes ós membros da súa unidade familiar, asinando o correspondente “recibí”. Do mesmo xeito, poderanse recoller máscaras correspondentes a outras persoas sempre que presente a correspondente autorización asinada.

Residencias de maiores

No caso das residencias de maiores, como son o a Residencia da Terceira Idade do Malecón, o Asilo de Anciáns Fogar de San José, a Residencia DomusVi, a Residencia de Anciáns Asimédica, así como o centro con internos de Prodeme, será o persoal do Concello o que achegue as máscaras correspondentes a cada centro, para ser repartidas polos responsables do mesmo ós seus internos.

Neste senso, para estes centros estímase que se destinen máis de 4.000 unidades de máscaras para facer efectivo o reparto nos mencionados centros.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here