Protección Civil de Quiroga estrea tenda de campaña

O Concello de Quiroga presentará o venres, ás once e media da mañá, no parque da Constitución, tenda de campaña de emerxencias que recibiu da Xunta de Galicia.

Vista de Quiroga. Fonte: Facebook Concello de Quioga

A nova tenda de campaña é unha estrutura lixeira para o transporte, e de fácil montaxe e desmontaxe, que conta ademais coa instalación necesaria para colocar focos LED, xunto con catro tomas de corrente.

Este material de gran utilidade para os numerosos operativos de protección civil está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. A Xunta considera unha prioridade que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado para realizar as súas intervencións con maior eficiencia e, sobre todo, con seguridade, traballando nas mellores condicións posibles e co mellor equipamento.

Tamén sinalou “o imprescindible labor” dos voluntarios destas agrupacións complementando aos servizos municipais nos dispositivos para “atender aos veciños no día a día” nestes meses marcados pola pandemia da Covid-19.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here