IniciosociedadeMonforte comeza a mellora da rúa A Veiga

Monforte comeza a mellora da rúa A Veiga

Esta actuación de mellora en infraestruturas urbanas da cidade encádrase dentro do plan dos 31 proxectos que o Equipo de Goberno puxo en marcha en Monforte dende setembro de 2020, cunha inversión superior ós 10,5 millóns de euros, e que foi detallado polo rexedor municipal a principios deste mes de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de mellora da rúa A Veiga foi adxudicado á empresa Francisco Gómez y Cía, S.L. por un importe total de 38.143 euros, sendo o 100% da obra financiación municipal. O prazo de execución destas actuacións, iniciadas este mércores, é de 10 días.

O Alcalde destaca que “con esta obra de mellora na rúa A Veiga procedemos á renovación do seu firme, posto que presenta numerosas irregularidades e baches, facilitando así ós veciños da zona o tránsito axeitado pola mesma”.

A mellora afectará a un treito de 1.155 metros. As obras de renovación do firme da rúa A Veiga consistirán na aplicación dunha nova capa de rodadura, na que se  incluirá o rego de adherencia e o bacheo previo nas zonas que é necesario. Procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos correspondentes.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...