IniciosociedadeConduce por Monforte triplicando a taxa de alcol permitida

Conduce por Monforte triplicando a taxa de alcol permitida

Foi parado no quilómetro 1,3 da estrada autonómica LU-617.

Publicado o

- Advertisement -

Un condutor de 56 anos de idade, veciño de Monforte de Lemos, foi imputado como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria tras dar unha taxa de alcol tres veces superior á permitida pola lei nun control rutineiro da Garda Civil.

Segundo informou a propia Garda Civil, o condutor foi interceptado nun control instalado no quilómetro 1,3 da estrada autonómica LU-617, á altura do municipio de Monforte de Lemos.

Ao ser sometido ao correspondente control de alcoholemia, deu unha taxa de 0,86 miligramos de alcol por litro de aire expirado. A persoa investigada xa foi posta a disposición da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...