IniciosociedadeDez positivos de dúas familias da Pobra do Brollón disparan a incidencia

Dez positivos de dúas familias da Pobra do Brollón disparan a incidencia

O municipio queda en máximo nivel de restricións e prevese a realización dun cribado durante as xornadas do venres e o sábado.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde da Pobra do Brollón, o nacionalista José Luís Maceda, destacou que os dez positivos por Covid-19 detectados neste municipio céntranse en dúas familias e dispararon a incidencia por encima de 500 casos por 100.000 habitantes.

Maceda admitiu que “a cifra non é agradable”, para seguidamente confirmar que os contaxios se producen en dúas familias. “Entendemos que non está a existir unha circulación vírica e fai que esta situación non preocupe tanto como indican as cifras”, engadiu.

“Temos que lamentar o peche perimetral e espero que na próxima revisión que se faga volvamos a niveis menos restritivos se non se producen máis contaxios. Nos últimos días non se produciu ningún contaxio e isto indica a esperanza de que pronto poderemos recuperar unha situación normal”, sinalou.

O rexedor da Pobra do Brollón convidou os seus veciños a “que sigan cumprindo coas normas, hai que esixir esa responsabilidade individual”. “Hai que aprender a convivir con esta situación”, abundou.

Así mesmo, José Luís Maceda precisou que no municipio “todo o mundo anda con máscaras, cúmprense as normas que recomendan as autoridades sanitarias, e é o que aprecio no día a día”.

“Esta situación prodúcese en dúas familias e debeu ser por mor dunha reunión familiar. Este tipo de positividade non está estendida polo concello e iso indica optimismo”, reiterou.

CRIBADO

Con respecto a este concello, o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, anunciou un cribado “entre poboación asintomática” o venres pola tarde e o sábado pola mañá, probas que se realizarán no centro de saúde.

Para iso, citouse por SMS, indicou, a “300 persoas, 150 o venres e outras tantas para o sábado”, entre os veciños con idades comprendidas “entre 30 e 70 anos”, concretou.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...