IniciosociedadeNeste ano Monforte busca ser referencia en accesibilidade

Neste ano Monforte busca ser referencia en accesibilidade

O proxecto recolle as melloras da accesibilidade dos principais edificios públicos de titularidade municipal de Monforte así como de diversos parques municipais da cidade do Cabe, concretando a definición das obras necesarias para corrixir as deficiencias destes edificios e parques, no que accesibilidade se refire.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade, Gloria Prada, presentou esta tarde a licitación do Proxecto de Mellora da Accesibilidade nos edificios e parques municipais de Monforte, que “significa a aposta decidida e continua do Concello de Monforte coas persoas con discapacidade, con dificultades de mobilidade ou de idade avanzada. Somos conscientes, dende o Equipo de Goberno, das necesidades de todos estes colectivos e das carencias históricas dende fai anos que detectamos nalgunhas das nosas instalacións e dependencias municipais, e que despois de 40 anos de democracia aínda non foran corrixidas.”

Na elaboración deste proxecto de mellora tomouse como referencia o “Plan Director de Mellora da Accesibilidade Universal de Monforte”, que foi elaborado a petición do Concello pola consultora de accesibilidade Combina Social, S.L., e que foi dado a coñecer polo Alcalde o pasado mes de novembro do ano 2020. 

prezo de licitación para este Proxecto establécese en 295.107,51 euros, e todas aquelas empresas interesadas en presentar as súas ofertas terán de prazo dende mañá xoves 4 de marzo e ata o venres 26 de marzo, ambos inclusive, para facelo. O prazo de execución será de 6 meses.

O Alcalde subliñou que “o noso obxectivo é mellorar a accesibilidade universal nos equipamentos que son de titularidade municipal, para contribuír a unha maior calidade de vida de todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que visitan a cidade. Para elo, abordamos a supresión das barreiras e obstáculos que dificultan ou impiden o uso de edificios públicos e parque municipais, e especificamos as solucións e as obras que será necesario acometer en cada caso, segundo o proxecto”.

Criterios para a elaboración do Proxecto de Mellora

En concreto, os criterios que se tiveron en conta á hora de elaborar este Proxecto de mellora foron os seguintes:

  • A ubicación e proximidade dos aparcadoiros reservados.
  • A situación dos espazos urbanos exteriores dos parques e os accesos ós edificios.
  • As comunicacións verticais e horizontais no interior dos equipamentos (ascensores, escaleiras, corredores).
  • Os aseos e vestiarios de uso público dos edificios.
  • A sinaléctica dos diferentes espazos de uso tanto interiores como exteriores.
  • E o mobiliario que conteñen edificios e parques.

En canto ás áreas de actuación obxecto das melloras proxectadas, o proxecto recolleu especialmente os seguintes aspectos:

  • Aparcadoiros reservados: no entorno dos edificios e parques, nalgúns casos, existen deficiencias no deseño das prazas reservadas para discapacitados, e noutros casos, non se dispón de prazas de aparcadoiro reservado.
  • Itinerarios e accesos: mellorar a accesibilidade ós edificios e parques, como poden ser a falta de varandas en escaleiras, a excesiva pendente en ramplas, a sinalización dos extremos de escaleiras e ramplas, o paso libre en portas, mostradores que non contan con zonas de atención para cadeiras de rodas, etc.
  • Comunicacións horizontais e verticais interiores: nalgún dos edificios referidos as escaleiras e ascensores presentan algunhas deficiencias susceptibles de mellorar.
  • Aseos: adaptados deben ser adaptados á normativa de accesibilidade vixente, pois só dispoñen dun único espazo de transferencia, os mecanismos de apertura e peche non son facilmente manipulables, non dispoñen de sistema de alarma, etc.
  • Sinalización: facilitar as súas localizacións a persoas con distintas discapacidades físicas.
  • Mobiliario: nalgúns casos, os mostradores e mobiliario fixo non dispoñen de zonas adaptadas para a atención persoas usuarias de cadeira de rodas, algo que será subsanado a través deste Plan.
  • Finalmente, nos Parques públicos que recolle esta proposta, será precisa a substitución de papeleiras por outro modelo que poida ser detectado facilmente por persoas usuarias de bastón branco e, nas zonas de xogo nas que non existan xogos inclusivos para nenos discapacitados, procederase á súa instalación.

Concluíu o Alcalde, “a través deste importante Plan de Mellora, proxectamos e planificamos un futuro sen barreiras na nosa cidade, no que adaptamos os edificios públicos e o medio urbano existentes para, en definitiva, eliminar as deficiencias de accesibilidade que aínda existan no noso Concello. Estou seguro que con este Proxecto, moi pronto Monforte de Lemos será un Concello de referencia en materia de accesibilidade”.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez dona ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...