IniciosociedadeO cribado desenvolto na Pobra do Brollón dá todo negativo o día...

O cribado desenvolto na Pobra do Brollón dá todo negativo o día que o concello inicia restricións máximas

Todas as probas realizadas polo Sergas deron negativo no cribado desenvolto esta fin de semana no municipio da Pobra do Brollón, un dos tres concellos galegos que se suman este luns ó nivel máximo de restricións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, lembrou que foron citadas neste concello, para ser sometidas a probas PCR, un total de 300 persoas, con idades comprendidas entre 30 e 70 anos.

A participación no cribado “foi alta”, dado que acudiron a facerse as probas 222 persoas, case un 75% da poboación citada -108 o venres e 113 o sábado-. Todas elas deron negativo, precisou Ares, quen agradeceu, en declaracións aos medios de comunicación, a alta participación dos veciños deste municipio da zona sur de Lugo.

“Estamos contentos”, engadiu, “pola participación e porque todas as probas deron negativo”. A Consellería de Sanidade decidiu o pasado venres establecer o nivel máximo de restricións -que supón o peche perimetral do municipio e dos locais de hostalería, entre outras limitacións- nas localidades de Boborás, A Mezquita e A Pobra do Brollón, unha medida que entra en vigor este luns, e que xa estaba implantada en Soutomaior.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...