IniciosociedadeCribados voluntarios en Chantada, que esta media noite aumenta as restricións

Cribados voluntarios en Chantada, que esta media noite aumenta as restricións

Cribado voluntario en Chantada dirixido ás persoas que traballan cara o público. Para inscribirse deben chamar aos teléfonos 982 44 17 52 ou 982 56 22 99, este venres en horario de 9.00 a 14.00. Tamén en Paradela comezan os cribados e aumentan as restricións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Chantada entra esta media noite no nivel 2 de restricións, polo que bares e restaurantes só poderan servir nas terrazas sen superar o 50% da capacidade; non se poderán xuntar grupos de máis de 4 persoas non conviventes e non pode relacionarse con ningún concello limítrofe por estar en distintos niveis.

En Chantada este sábado, 13 de marzo, farase un cribado voluntario con probas PCR dirixido ás persoas que traballan cara o público. Para inscribirse deben chamar aos teléfonos 982 44 17 52 ou 982 56 22 99, este venres en horario de 9.00 a 14.00. O cribado terá lugar entre este sábado pola tarde e o domingo. Do lugar avisarase a través das redes sociais do concello.

E tamén este sábado, o Sergas ten previsto citar a 300 persoas de 50 a 55 anos para ser vacinadas no Hospital Comarcal de Monforte. Mentres, na zona sur da provincia, segue coas másximas restricións A Pobra do Brollón e súmaselle Paradela, onde o Sergas fai cibrado masivo entre este venres e o sábado.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...