IniciosociedadeAdif suprimirá 5 pasos a nivel en Monforte

Adif suprimirá 5 pasos a nivel en Monforte

Adif investirá 546,4M€ no período 2021-2023 para a modernización e mellora do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, co fin de mellorar a súa fiabilidade e competitividade, dada a incorporación do tramo Ourense-Monforte ao Corredor Atlántico de Mercadorías e a posta en marcha da conexión de Lugo á Alta Velocidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preséntase en Monforte o conxunto de actuacións que se acometerán na liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo cun investimento superior aos 546M€, un acto no que participaron o Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez Torrón, a Presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, que detallaron os distintos proxectos e o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé.

O Alcalde cualificou a xornada como “un día histórico ou que vai facer historia en Monforte e na provincia” porque “gracias ao traballo e ao compromiso do Goberno de España”, queda demostrado, con feitos, que Lugo “volve a estar no mapa das infraestruturas de Galicia e de España”.

Corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo

O corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, de 117 quilómetros de lonxitude, pódese dividir en dous segmentos diferenciados: o tramo Ourense-Monforte de Lemos, que forma parte da liña 810 (Bifurcación Chapela-Monforte de Lemos), e o tramo Monforte de Lemos-Lugo, da liña 800 León-A Coruña.

O tramo Ourense-Monforte de Lemos ten 46 quilómetros de lonxitude en vía única electrificada a 3 quilovoltios. Pola súa parte, o tramo Monforte de Lemos-Lugo conta con 71 quilómetros de lonxitude, en vía non electrificada.

Os principais obxectivos do investimento prevista son:

  • Modernización do tramo Ourense-Monforte de Lemos para mellorar a súa fiabilidade e competitividade, dada a súa incorporación ao Corredor Atlántico de mercadorías.
  • Conexión de Lugo á Rede de Alta Velocidade a través de Ourense, mediante unha liña modernizada, máis competitiva e fiable.
  • A electrificación proposta suporá, ademais dos efectos positivos medioambientais, unha redución de costes operativos e un aumento das prestacións que repercutirá, a súa vez, nunha maior competitividade do ferrocarril respecto a outros modos de transporte, principalmente a estrada.
  • Un dos piares da política de transportes en Europa é favorecer o desenvolvemento do ferrocarril como un dos modos de transporte máis sostibles e os obxectivos da descarbonización do planeta, ratificados coa cume de París, acelerarán aínda máis a potenciación do ferrocarril en tódalas economías desenvoltas e en vías de desenvolvemento.

Adecuación da infraestrutura 

Un dos obxectivos principais desta actuación é a implementación dos gálibos necesarios para albergar a catenaria a 25 quilovoltios c.a. Dito obxectivo realizarase mediante:

  • Rebaixes da plataforma de entre 30 e 110 cm en 20 túneles do traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, cunha lonxitude total de plataforma rebaixada de 2.785 m.
  • Actuacións en 12 pasos superiores do tramo: rebaixe de plataforma en 10 deles, unha substitución do taboleiro e unha demolición.
  • Ampliación de plataforma en pontes como a Ponte da Chanca, na cidade de Lugo.
  • Execución do novo túnel de Oural: o túnel actual, de 1.903 m de lonxitude, non permite dar cumprimento ás actuais normativas e requisitos de seguridade na circulación, interoperabilidade e gálibo. Quedará como galería de emerxencia do túnel novo que descorrerá en paralelo, ao que estará conectado mediante unha galería peonil.

Esta actuación requirirá cortes de vía, cunha previsión de 3 meses para cada traxecto: en último trimestre de 2021 no tramo Monforte de Lemos-Lugo e no segundo semestre de 2022 no segmento Ourense-Monforte de Lemos.

Ademais, efectuarase unha racionalización de estacións, con actuacións en Barra do Miño, Os Peares, Santo Estevo do Sil, Canaval, Monforte de Lemos, Rubián, Oural, Sarria e Laxosa para adecuar os seus andéns aos requisitos de interoperabilidade e accesibilidade.

En Canabal e Sarria construiranse, ademais, novos pasos de permeabilidade urbana entre ambos lados da liña ferroviaria.

Supresión de 35 pasos a nivel

Destinarase unha inversión superior aos 30 M€ (IVE incluído) á supresión de ata 35 pasos a nivel no tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo. A súa ubicación, por termos municipais, é a seguinte:

  • Ourense (2)
  • Monforte de Lemos (5)
  • Sarria (14).
  • Lugo (14)

Os proxectos de supresión de pasos a nivel están en fase de supervisión. A súa execución é compatible co resto de obras, pero non condiciona o ritmo de execución destas.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...