IniciosociedadeQueres emprender no medio rural? Inscríbete no proxecto HolaPueblo

Queres emprender no medio rural? Inscríbete no proxecto HolaPueblo

O proxecto HolaPueblo, do que forma parte o Concello de Bóveda, ten xa dispoñible o formulario de inscrición para entrar no proceso de selección para aquelas persoas que teñan unha idea de emprendemento e interese en instalarse no medio rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seleccionarase a 35 persoas emprendedoras que terán acceso a un proceso de  mentorías individualizadas dirixidas a desenvolver a súa idea de negocio e acompañamento na procura de municipio, facilitando información relevante e poñéndoos en contacto directo con aqueles municipios compatibles coas súas necesidades persoais e profesionais.

O rexedor, José Manuel Arias, explica que os emprendedores “poden aproveitar esta oportunidade unida á próxima convocatoria de axudas Leader para o desenvolvemento rural do GDR Ribeira Sacra Courel”. Desde o Goberno local animan aos emprendedores interesados en darse de alta no proxecto a través da web www.holapueblo.com  

70 municipios adheridos

Un total de 70 municipios de 24 provincias e 9 comunidades autónomas participarán na II edición de Holapueblo, un proxecto do Grupo Rede Eléctrica, Correos e AlmaNatura para impulsar a repoboación nas áreas rurais facilitando o contacto de pobos en procura de novos habitantes con persoas que desexan realizar un cambio de vida poñendo en marcha un proxecto de emprendemento no medio rural e instalándose alí.

A inscrición de municipios estivo aberta para todo o territorio nacional e tras analizar as solicitudes seleccionáronse aos 70 municipios que formarán parte da II edición de Holapueblo. Avaliouse o perfil dos 112 municipios rexistrados, baseando a selección naqueles criterios aos que os emprendedores lle dan máis importancia como dispoñer de boa conectividade a internet e oferta de vivenda, consultorio médico e centro educativo, entre outros. En Holapueblo. com pódense consultar os criterios que se tiveron en conta durante o proceso de selección.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...