IniciosociedadeAdxudicada a mellora da cuberta da Praza de Abastos de Monforte

Adxudicada a mellora da cuberta da Praza de Abastos de Monforte

O concello de Monforte adxudica a obra de restauración e mellora da cuberta da Praza de Abastos de Monforte á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L. por un importe de 63.624,16 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa adxudicataria ofertou como melloras a ampliación do prazo de garantía nun ano, valorado en 3.700 euros, e a substitución da cuberta indicada no proxecto, por unha cuberta panel sándwich nervado de 60 mm de espesor e 1100 mm de ancho, mellora valorada en 6.624,37 euros.

O rexedor municipal subliñou que “seguimos desenvolvendo o noso plan de mellora de infraestruturas urbanas da nosa cidade, neste caso para solventar as deficiencias da cuberta dun edificio tan importante na nosa cidade como o é a Praza de Abastos, e proporcionar así mellores servizos os praceiros que utilizan as súas instalacións”.

O edificio da Praza de Abastos está situado nun entorno protexido, dentro do Casco Histórico de Monforte de Lemos, concretamente entre as Rúas Bailén e Ricardo Quiroga. Actualmente o edificio da Praza de Abastos está composto por unha nave central de forma rectangular resolta con cuberta a dúas augas de placas de fibrocemento.

A nave principal, destinada a mercados de tempada e exposicións, dispón de dous corpos acaroados e comunicados interiormente. O corpo lateral dereito, segundo se accede á Praza de Abastos dende a Rúa Bailén, está destinado a cafetería e dispón de cuberta plana. O corpo lateral esquerdo dispón de distintos tipos de solucións de cuberta; dúas cubertas a catro augas, resoltas con placas de fibrocemento; dúas cubertas a tres augas, tamén con placas de fibrocemento; e unha cuberta plana.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez dona ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...