IniciosociedadeMáis de 400 persoas viaxaron en catamarán pola Ribeira Sacra esta ponte

Máis de 400 persoas viaxaron en catamarán pola Ribeira Sacra esta ponte

Máis de 400 persoas realizaron na ponte de San Xosé algunha das dúas rutas fluviais en catamarán que ofrece a Deputación de Lugo polos leitos dos ríos Miño e Sil, o que supón practicamente o dobre do previsto segundo as reservas formalizadas a finais da semana pasada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano a temporada botou a andar antes que en anualidades anteriores, que sempre cadraban coa Semana Santa. “Nesta ocasión decidimos arrancar antes, aproveitando esta ponte festiva, porque os catamaráns son unha oferta especialmente importante nesta situación de pandemia para axudar a recuperarse aos sectores económicos máis afectados polas restricións sanitarias, como son o turismo, a hostalería e o comercio local”, subliña a Deputada, Pilar García Porto.

Ademais, engade, as rutas fluviais favorecen a proxección da Ribeira Sacra “no ano no que esta paisaxe cultural única está chamada a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e “son unha boa maneira de promocionar o noso territorio a través do turismo, sobre todo neste momento marcado pola pandemia. O visitante busca alternativas ó aire libre, en plena natureza e seguras, como a que ofrece este servizo da Deputación de Lugo”.

García Porto adianta que xa se recibiron máis de 700 reservas para toda a  temporada, que se prolongará ata o mes de decembro. “A maior parte das reservas son para a Semana Santa. Estamos percibindo un cambio de comportamento no público, que agora fai plans a curto prazo e decide con menos antelación que facer no seu tempo de lecer”, concreta a Deputada. 

Rutas, reservas e horarios

Ata finais de ano, as persoas interesadas en coñecer a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación de Lugo xa poden acceder á web reservas.rutasembalses.es, ou ben contactar no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.260.196 en horario de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas.

No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionarán dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas 107 no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo contará cunha capacidade total de 72 viaxeiros. Será obrigatorio o uso de máscara durante toda a viaxe e realizaranse servizos de desinfección para previr o contaxio pola Covid-19. 

Dende o vindeiro sábado, 27 de marzo, ata o 30 de marzo, haberá horarios de mañá e tarde. Nos próximos meses de abril e maio as rutas serán de mércores a domingo e, con motivo do Día das Letras Galegas, tamén haberá viaxes o luns 17 de maio. En xuño, xullo, agosto, e ata o 12 de setembro haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 12 de setembro e ata a Ponte de decembro pasarán a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día. 

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...