Iniciosociedade'O Plan Especial de Monforte', unha ferramenta esencial para mellorar o casco...

‘O Plan Especial de Monforte’, unha ferramenta esencial para mellorar o casco histórico

Foi inscrito definitivamente no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia o pasado 25 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de informar que o Plan Especial do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte de Lemos, aprobado nunha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación celebrado o pasado mes de novembro de 2020, foi inscrito de forma definitiva no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

A partir de agora, e segundo palabras do rexedor monfortino, “contamos cunha ferramenta esencial para mellorar o noso Casco Histórico, que nos permitirá, por exemplo, poder optar a importantes axudas para a rehabilitación de edificios ou para a mellora de diferentes espazos públicos incluídos nel, entre outras moitas accións encamiñadas a rehabilitar e revalorizar o noso Casco Histórico”.

SEN TEMPO NON ERA

Monforte aparecía como un dos últimos conxuntos históricos de cidades que carecían deste Plan. Coa aprobación do Plan Especial, o Concello é competente para autorizar as intervencións previstas nel, tanto para os 509 edificios catalogados a protexer, como para os 585 non catalogados, comunicando trimestralmente á Consellería as autorizacións dadas.

O Plan acota a algo menos da metade o número de edificios a preservar -edificios catalogados- e o grao de protección segundo a súa importancia de protección.

O Plan Especial fai por primeira vez unha valoración do estado das edificacións e das necesidades da súa rehabilitación. Preséntase ademais unha avaliación estimada do que representa a recuperación integral do conxunto declarado, nun horizonte de 16 anos: Repoñer en uso 281 vivendas actualmente desocupadas, e mellorar as condicións de habitabilidade doutras 154 que si están ocupadas. E tamén rehabilitar e mellorar espazos en plantas baixas de locais comerciais e outros usos complementarios da edificación.

A ferramenta técnica e normativa aprobada chega nun momento, tendo en conta a reactivación de recursos para fomentar a rehabilitación que se están activando. Daquela, o concello mira xa coa perspectiva de participación a curto prazo no Plan Rexurbe para áreas de rexeneración urbana de interese autonómico do Instituto Galego de Vivenda e Solo, dirixidas aos conxuntos históricos declarados en situación de deterioro, conxuntos que necesitan dunha intervención a nivel de edificación e a nivel social e económico.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...