IniciosociedadeA Pobra do Brollón pasa ao nivel alto de restricións dende o...

A Pobra do Brollón pasa ao nivel alto de restricións dende o venres

O Saviñao mantense neste grupo, mentres Pantón e Sober baixan ao nivel mínimo.

Publicado o

- Advertisement -

Rábade e A Pobra do Brollón son os dous concellos lucenses que entran no nivel alto de restricións a partir deste venres. Acompañarán así ao Saviñao, mentres que Pantón e Sober ven diminuído o nivel de alerta e terán restricións de nivel baixo.

Así o decidiu o comité clínico que asesora a Xunta de Galicia na xestión da pandemia e que hoxe se reuniu para actualizar as medidas. Así pois, Rábade, Brollón e O Saviñao deberán acatar as regras impostas para os concellos cunha incidencia acumulada a 14 días entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Estes municipios teñen permitida a mobilidade agás cos concellos pechados perimetralmente (só Beade, en Ourense). As reunións de non conviventes serán dun máximo de 6 persoas en exterior e de 4 no interior. Nos domicilios, as xuntanzas seguen limitadas a conviventes. En canto á hostalaría, só se poderá servir en terraza ata as 21:00 horas cunha capacidade máxima do 50%. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...