Segue activo o incendio de Folgoso do Courel con 100 hectáreas ardidas

As 5,50 h. desta madrugada dábase por controlado o lume rexistrado no concello de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle.

Incendio forestal. Foto: Carlos

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. desta mañá de xoves santo. En Folgoso do Courel activouse a situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado na parroquia de Meiraos, debido á proximidade do lume ao lugar de Portela, parroquia de Gundriz, no concello limítrofe de Samos.

O lume iniciouse ás 23,43 h. da pasada noite e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 100 hectáreas. No lugar traballan 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 1 pa, 7 helicópteros e 4 avións. 

E ás 5,50 h. desta madrugada quedaba controlado o lume rexistrado no concello de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle, tras comezar onte ás 13,53 h. Tras unha nova medición, a superficie afectada é de 38 hectáreas, das cales 30 son arboradas e 8 de monte raso. Na súa extinción levan participado 1 técnico, 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 4 avións. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here