A ITV agrícola estará en Rubián o 29 e 30 de abril

Labrego galego traballando co tractor | Fonte: GC

O concello de Bóveda informa a través dun bando de que a ITV de vehículos agrícolas estará no municipio os días 29 e 30 de abril.

Ubicarase no mercado gandeiro de Rubián; o 29 de abril en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 e o día 30 só en horario de mañá.

É necesario solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here