‘As Mariñeiras’, presentes no programa ‘Aquí la Tierra’ de TVE

As coñecidas galletas de Chantada foron un dos contidos que se trataron neste programa que promove hábitos de alimentación saudables.

Elaborando 'Mariñeiras' / GC

O programa de televisión ‘Aquí la Tierra’ -RTVE- chegou este pasado luns a Chantada para dar a coñecer a elaboración das galletas Mariñeiras, o pan sen miolo de longa duración que comercializa Daveiga.

Un dos obxectivos das súas reportaxes é promover o consumo e a alimentación saúdables, misión que levan a cabo percorrendo a xeografía nacional amosando a súa natureza, clima e gastronomía a través do traballo de agricultores e produtores.

Obrador de Daveiga en Chantada / XMF

O reporteiro Ramón Arangüena, disfrazado de pirata, visitou o obrador de Daveiga e foi testemuña privilexiada do proceso de elaboración das saborosas galletas. Segundo comentou no comezo da reportaxe, “como pirata honrado que son remontei o río Miño para encontrar unhas galletas que non caduquen e que me servan para toda a travesía”.

A empresa chantadina compartiu xa a reportaxe que RTVE ten na súa web.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here