IniciosociedadeCase medio millón de euros da Xunta para mellorar 62 vivendas particulares...

Case medio millón de euros da Xunta para mellorar 62 vivendas particulares no sur da provincia

A Xunta de Galicia apoiou nos últimos tres anos 62 actuacións de mellora de vivendas promovidas por particulares na Zona Sur da provincia de Lugo a través da concesión de achegas por valor total de case 500.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga distribuíronse axudas en once concellos: Monforte de Lemos (onde se aprobaron 27 solicitudes), Taboada (11), A Pobra do Brollón (5), Bóveda (4), Pantón (3), Sober (3), Folgoso do Courel (3), Chantada (2), Ribas de Sil (2) Quiroga (1) e Carballedo (1).

Na maior parte dos casos (53 expedientes) financiáronse obras de fomento da conservación, a seguridade e a accesibilidade dos inmobles. As nove restantes foron actuacións para aumentar a eficiencia enerxética. As axudas concedidas en toda a provincia sumaron 4,1 millóns de euros e chegaron a 59 municipios, nos que beneficiaron a propietarios tanto de áreas urbanas como rurais, residentes en comunidades ou en casas unifamiliares.

Entre as obras executadas dentro das dúas liñas incluídas no programa -unha para promover o aforro enerxético e outra para fomentar a conservación e a accesibilidade-destacan as melloras nas envolventes dos edificios, a instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria ou instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables; así como as actuacións que melloren o cumprimento da normativa técnica en cuestións como o illamento sonoro.

Tamén se subvencionaron traballos relativos á conservación da cimentación, da estrutura, das instalacións, de cubertas e fachadas, a adecuación interior da vivenda unifamiliar, instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, instalacións de sinalización, elementos electrónicos de comunicación, domótica e calquera elemento para eliminar barreiras arquitectónicas e facilitar a accesibilidade.

As novas axudas de rehabilitación enerxética poden solicitarse ata o 31 de xullo

O Instituto Galego de Vivenda e Solo mantén aberta unha nova convocatoria de axudas para financiar obras de rehabilitación enerxética de edificacións existentes.

As persoas interesadas en solicitar as achegas poden facelo ata o día 31 de xullo deste ano. Poden beneficiarse delas os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, para realizar obras de mellora da envolvente térmica, de uso de enerxías renovables ou para optimizar instalacións de iluminación.

A Xunta tamén abriu o prazo de solicitudes das achegas do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Neste caso, o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 22 deste mes.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...