IniciosociedadeA Xunta destina case cinco millóns á compra de material na área...

A Xunta destina case cinco millóns á compra de material na área sanitaria de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou esta mañá a tramitación de emerxencia dun expediente de contratación, por valor de 4.718.117 euros, para a adquisición de bens e materiais, así como á contratación de servizos e a realización de pequenas obras na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

A práctica totalidade deste orzamento vai destinado á compra de material sanitario, con 2.110.146 euros e material de laboratorio por valor de 2.147.222 euros. A adquisición de material sanitario comprende, sobre todo, equipamento de protección como batas, máscaras e luvas de diversos tipos, solución hidroalcohólica e pantallas de protección, así como contedores de residuos e transporte de mostras.

No referido ao material de laboratorio, correspóndense con distintos reactivos, controis, calibradores, test serolóxicos e de antíxenos e diversos consumibles tales como hisopos e pipetas, básicos para a realización do diagnóstico da covid-19 nos laboratorios de microbioloxía

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...