O aceite de Quiroga no II congreso … E para comer, Lugo no Camiño

O aceite de Quiroga estará presente no II Congreso ... E para comer, Lugo no Camiño; iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Aceite recén feito no muíño de Miguel Ángel en Figueiredo. Foto: XMF

O aceite de Quiroga servirá para a elaboración dos pratos que se realizarán no II Congreso … E para comer, Lugo no Camiño e tamén serviu como agasallo aos participantes na cata do programa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo como antesala do Congreso que se realizaba pola tarde na Parrillada Casa Torres.

Dende a asociación de hostalaría, a través da delegada da zona, Beatriz Vila, recordaron tamén o gran éxito que tivo o noso aceite o pasado ano, cando xunto con outros produtos da provincia, participou nun stand co que a asociación de hostalaría acompañou á volta ciclista a España.

Os estudos feitos pola Universidade de Córdoba corroboran a alta taxa de polifenoles do aceite de Quiroga, que podería situalo entre os cinco mellores do mundo. Nesta análise  o contido total de fenoles  (hidroxitirosol, oleaceína, oleocantal, oleuropeína aglicona e ligustrósido aglicona) é de 949 mg/kg. Triplica o límite mínimo que marca o regulamento da UE e a EFSA (Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria) para poder indicar que se obteñen os beneficios para a saúde dos antioxidantes  establecido en 250mg/kg.

         

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here