IniciosociedadeCurso de cultivo de cogomelos no Ateneo Casino

Curso de cultivo de cogomelos no Ateneo Casino

Este domingo, 2 de maio, o Ateneo Casino de Monforte, en colaboración coa Asociación micolóxica de Monforte, Os Lactouros, acollerá un curso de cultivo de cogomelos comestibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso, eminentemente práctico, será impartido por Carlos Pérez, quen falará sobre o ciclo dos cogomelos, o seu crecemento e alimentación, as variedades de especies que se poden cultivar e como facelo.

As persoas asistentes aprenderán a cultivar cogomelos comestibles nun xardín, finca ou mesmo nunha terraza.

O curso terá lugar este domingo, 2 de maio, de 10:00 a 13:00 h. O prezo é de 5€ para persoas socias do Ateneo ou dos Lactouros; de balde para socios de ambas asociacións ou 10€ para quen non sexa socio de ningunha. Para máis información e inscricións, hai que contactar no teléfono 648 435 033

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...