Iniciosociedade"Que cese o acoso laboral e as represalias ós mestres do conservatorio,"...

“Que cese o acoso laboral e as represalias ós mestres do conservatorio,” esixe o comité de empresa do concello de Monforte

O comité de empresa do concello de Monforte entra no conflicto entre o alcalde e os mestres do conservatorio municipal Mestre Ibáñez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A situación entre o alcalde de Monforte e un grupo de mestres do Conservatorio Municipal fixo que os grupos da oposición se reuniran cos docentes deste centro para analizar a problemática. Acordaron presentar un escrito conxunto no Concello para que Tomé Roca suspenda os expedientes sancionadores; que o rexedor abra una mesa de diálogo na que estean presentes todos os representantes dos sindicatos, partidos políticos, profesorado e Concello para elaborar un regulamento común; e apoiar o regulamento presentado polos docentes.

Partidos políticos e sindicatos afirman dar o apoio rotundo a estes profesionais “que contan cun excelente prestixio e un extraordinario currículo, e censuramos a actitude prepotente do alcalde de Monforte que, lonxe de apostar polo diálogo e o consenso, está a actuar de xeito unilateral pensando só nos seus intereses e non nos destes profesionais e da comunidade educativa da que forman parte.”

Comité de Empresa do Concello de Monforte

Agora é o Comité de Empresa do Concello de Monforte de Lemos o que se pronuncia neste conflicto e esixe: “Que se corrixa de forma inmediata a discriminación salarial de xénero que está acontecendo coas mulleres traballadoras do Conservatorio Profesional de Música “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos, que están a cobrar un 33% menos (11.000€) que calquer outro traballador a xornada completa do seu mesmo grupo e nivel. Que se cerren os expedientes disciplinarios abertos por incumprimento de xornada laboral a cinco profesores, tendo en conta que son totalmente desmesurados. O equipo de goberno local fai unha política de feitos consumados. Sen sequera empezar o proceso de defensa, xa vai a descontar na nómina de maio os días que, según eles, houbo incumprimento de xornada laboral por parte dos profesores. Que non siga adiante o expediente disciplinario aberto a Alberto Loureiro Casas, por falta grave, por usar os seus medios durante o período que estiveron activas as clases telemáticas por orden a Consellería de Educación.”

Piden tamén que se regule o funcionamento do conservatorio respetando escrupulosamente a normativa que a Consellería de Educación ten para regular a función docente, xa que é a administración competente para elo, que se abra un concurso de méritos para a elección do director do conservatorio tal e como establece a Lei Orgánica 2/2006, de 2 de maio, de educación e que esté basada nos principios de igualdade, mérito e capacidade; que se abra unha mesa de negociación entre o Concello de Monforte de Lemos, profesores do conservatorio de música e os sindicatos que os representan co fin de terminar dunha vez por todas, e extraxudicialmente, con todos os conflictos laborais presentes dende o año 2000 agravados dende o ano 2019.

“Que cese o acoso laboral e as represalias que están sufrindo os traballadores e traballadoras do Conservatorio Profesional de Música “Mestre Ibáñez” por parte do equipo de goberno do Concello de Monforte de Lemos por defender os seus dereitos laborais, abrindo expedientes desmesurados”, demanda o comité de empresa que tamén mostra o seu apoio ao profesor de saxofón do conservatorioAlberto Loureiro Casas, “que está a sufrir un acoso intolerable por parte do xefe de servizo e director do conservatorio e do Concello de Monforte de Lemos.”

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...