IniciosociedadeO mal estado da estrada da Pobra do Brollón ao Incio chega...

O mal estado da estrada da Pobra do Brollón ao Incio chega ao Parlamento

O goberno da Pobra do Brollón e o grupo parlamentario do BNG presentaron ó Parlamento de Galicia unha proposición para instar á Xunta de Galicia a axilizar o asfaltado de dita estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia. O asfalto da estrada está moi deteriorado, afectando á comunicación dunha decena de parroquias e 750 habitantes.

‘A LU-653 é unha vía fundamental para a comunicación das persoas e a vertebración socioeconómica do noso concello,’ afirma o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. ‘É de vital importancia actuar xa para mellorar o seu estado porque está próximo a intransitable,’ apuntou.

A deputada parlamentaria Carme Aira, nunha visita á Pobra do Brollón, engadiu que o mal estado da estrada é ‘un perigo para a seguridade viaria’ que ‘esixe unha resolución inmediata’.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...