Torre da Homenaxe en azul polo Día Internacional da Enfermeira

O Concello de Monforte iluminará este mércores, 12 de maio, ao serán, a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Internacional da Enfermeira, con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale.

Torre da Homenaxe en azul / concello de Monforte

A campaña deste ano, a través do lema “Enfermaría: Una voz para liderar – Una visión de futuro para la atención de salud”ten por obxectivo amosar como a enfermaría mirará cara o futuro e como a profesión transformará a próxima etapa da atención médica.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Concello sumámonos a esta conmemoración para recoñecer a labor esencial das nosas enfermeiras e dos nosos enfermeiras, e moi especialmente dende o inicio da crise sanitaria do Coronavirus. Por iso, debemos recoñecer e aplaudir o seu traballo non só mañá senón todos os días do ano”.

Neste senso, segundo datos do Consello Internacional de Enfermeiras, as enfermeiras foi o maior colectivo de traballadores sanitarios con contaxios de Covid-19 en numerosos países. A data 31 de xaneiro de 2021, o número acumulado de falecementos de enfermeiras por coronavirus rexistrado en 59 países era de 2.710, e a data 31 de decembro de 2020, máis de 1,6 millóns de traballadores sanitarios en 34 países, contraeron a Covid-19.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here