Monforte final da 19 etapa de La Vuelta

A antepenúltima etapa (a nº 19) da edición número 76 de La Vuelta Ciclista a España celebrarase o venres, 3 de setembro, con saída en Tapia (Asturias) e con chegada final a Monforte de Lemos.

Ciclistas na edición de La Vuelta 2019 | La Vuelta - Sarah Meyssonnier

Esta é a segunda vez que La Vuelta visitará Monforte de Lemos, xa que a cidade foi saída de etapa no ano 2016. “Un motivo más para sentirnos muy orgullosos de que los responsables de La Vuelta hagan de Monforte ciudad protagonista en esta importante competición ciclista,” sinalaba o alcalde.

A 19 etapa será una etapa de media montaña con saída de Tapia de Casariego, en Asturias e contará con 191 quilómetros, dos cales 139 quilómetros transcorrerán pola provincia de Lugo. No seu desenvolvemento transcorrerá polos portos do Alto da Sela d’Entorcisa, de 3ª categoría e o Alto da Garganta, de 2ª categoría, ambos en Asturias. E tras eles, virá o Alto de Barbeitos, de 2º categoría, xa na provincia de Lugo.

Despois o pelotón entrará por Fonsagrada, pasará por Castroverde e polas proximidades de Lugo, e tomará a LU-652 para transcorrer por Sarria, Bóveda e chegar finalmente a Monforte de Lemos, que será final de etapa. “En este sentido”, subliñou o Alcalde, “quiero destacar que esta será una meta inédita en la Vuelta. Nunca antes Monforte fue final de etapa en esta ronda ciclista.” Monforte será a terceira localidade diferente da provincia de Lugo que acolle unha meta dunha etapa de La Vuelta, despois de Lugo e Ribadeo.

Na súa chegada a Monforte, os ciclistas accederán á cidade por Ribasaltas, transcorrerán pola rúa Morín, e á altura do cruce coa rúa San Pedro, torcerán á dereita para circular pola Rolda María Emilia Casas Baamonde. Na rotonda do Hórreo, torcerán cara a rúa Chantada e percorrerana ata chegar á parada de taxis, onde continuarán recto, pola Avenida de Galicia.

Ó chegar ó cruce coa rúa Celso Emilio Ferreiro, torcerán á dereita, para circular por devandita rúa, e volverán torcer á dereita no cruce coa rúa Escultor Francisco Moure, situándose a liña de meta diante dos Escolapios, á altura da plazuela diante do Bar Cristal.

“Como ven” destacou José Tomé “creo que será un final de etapa digno de esta Vuelta ciclista, con un marco incomparable constituido por la Plaza de La Compañía, y con el telón de fondo el Colegio de Nuestra Señora de la Antigua, el Escorial Gallego, que será donde se ubique el podium para la entrega de trofeos, la zona VIP, la zona permanente, así como el set informativo oficial de La Vuelta”.

Máis de 100 periodistas

O Alcalde tamén apuntou outros aspectos relevantes, como que o aparcamento de Parque dos Condes será destinado na súa totalidade a acoller todos os vehículos que conforman a caravana de La Vuelta Ciclista, e tamén se traballa para acondicionar un lugar especial destinado a acoller a Sala de Prensa que albergará ós máis de 100 periodistas que traballan en La Vuelta, e que tamén estará próxima á zona de meta.

Outro dos aspectos relevantes, será o amplo dispositivo organizativo y de tráfico que se desenvolverá na cidade, dado que o percorrido final transcorrerá por gran parte dela ”un amplísimo dispositivo, en el que los cuerpos y fuerzas de seguridad, serán fundamentales para garantizar el éxito de la etapa” salientou o Alcalde.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here