IniciosociedadeO Concello de Monforte súmase ao 'Día Mundial sen Tabaco'

O Concello de Monforte súmase ao ‘Día Mundial sen Tabaco’

Dentro das actividades realizadas pola Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do concello, poderá visitarse unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabacaleiras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

O lema neste ano é “Os que o deixan, gañan”.

ACTIVIDADES RELACIONADAS

Dentro das actividades realizadas pola Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Monforte, poderá visitarse unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, composta por murais realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda a Comarca de Lemos. A exposición permanecerá aberta dende este 31 de maio ata o 10 de xuño.

Mural realizado polo Centro de Día VIDA de Monforte / XdL

En dita exposición, haberá un fotocall para que as persoas que o desexen poidan facerse unha foto e subila ás redes sociais, e así colaborar nesta campaña permanente da loita contra o tabaquismo.

Na exposición colaboraron as seguintes entidades: Hogar de San José, Centro de día de Monforte de Lemos, Centro de día de Pobra de Brollón, Agora, Albores, Vida, AECC, Domus VI Bóveda, Domus VI Chantada, Centro de Maiores do Malecón, Centro de día de Escairón, Asimédica Virgen de la Luz, Afamón, Centro de día de Chantada, Espazo Xove de Chantada.

Para máis información os interesados poden dirixirse ós servizos de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependendias do Concello de Monforte, situados na Praza da Estación, 17, no 982 400 495 e no correo electrónico uad@concellodemonforte.com.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...