IniciosociedadeNova web de Meteogalicia na Torre da Homenaxe

Nova web de Meteogalicia na Torre da Homenaxe

A cámara web é a última das tres instalacións efectuadas en Monforte por Meteogalicia, tras a instalación dunha estación meteorolóxica na Pinguela e dunha pantalla de información e de calidade do aire, no Campo de San Antonio anexa á Casa do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cámara web é a última das tres instalacións deste tipo ubicadas en Monforte, tras a instalación dunha Estación meteorolóxica na Pinguela, e dunha Pantalla de información meteorolóxica e de calidade do aire, no Campo de San Antonio anexa á Casa do Concello, todas elas demandadas mediante petición formal que efectuou o Alcalde monfortino a Meteogalicia en 2015, petición que foi atendida coa instalación dos referidos elementos en febreiro (Estación meteorolóxica de A Pinguela) e xuño de 2019 (Pantalla de información meteorolóxica), e recentemente en maio de 2021 a referida cámara web.

“Non era lóxico que cando se daban datos do tempo meteorolóxico referidos a Monforte, foran procedentes de Concellos limítrofes que diferían bastante dos da nosa cidade, dado que todos os Concellos de arredor teñen unha altitude bastante máis elevada, e iso fai variar as temperaturas, a humidade ou a velocidade do vento” recordou Tomé Roca. 

Os datos xerados por estes tres elementos informativos para o coñecemento do clima na cidade pódense consultar a través da web de Meteogalicia www.meteogalicia.gal ou na súa APP. 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...