IniciosociedadeO IES A Pinguela visita Allariz co Proxecto Terra

O IES A Pinguela visita Allariz co Proxecto Terra

O alumnado do IES A Pinguela de Monforte de Lemos participou, coma todos os anos, no Proxecto Terra que organiza o COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) coa colaboración da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Este ano viaxouse co alumnado de 1º ESO A e B á comarca de Allariz, onde puideron coñecer as actividades do Centro de Educación Ambiental O Rexo, cunha visita guiada á granxa, á queixaría e ó ecoespazo decorado polas megalíticas esculturas de Agustín Ibarrola, unha acción pioneira na arte da natureza creada no 1997 e que ten  aportado matices e valor ó bosque que rodea a contorna.

Tras un xantar ó aire libre, o alumnado continuou a xornada visitando o
conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Augas Santas, o Forno da Santa e Cibdá de Armea na devandita parroquia. Para rematar a actividade fíxose unha parada en Allariz e, tras un tempo de lecer pola vila, emprendeuse o camiño de volta. 

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...