IniciosociedadeTorre da Homenaxe en verde polo Día Nacional do Doador

Torre da Homenaxe en verde polo Día Nacional do Doador

O Concello de Monforte súmase este mércores, día 2 de xuño, aos actos conmemorativos do Día Nacional do Doador de Órganos e Tecidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xesto simbólico e en sinal de homenaxe e recoñecemento ás persoas que son doadoras de órganos e tecidos, na noite deste mércores procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

obxectivo desta conmemoración é concienciar á poboación para que aumenten as doazóns de órganos e que moitas persoas poidan seguir vivindo. A doazón é un xesto altruísta, considerado como o maior acto de bondade entre os seres humanos. Así, o lema deste ano éDoar é amar: A túa solidariedade danos a vida”.

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela ensiva a toda a cidadanía iluminando mañá de verde a Torre da Homenaxe, pois a doazón de órganos e tecidos é un xesto de gran xenerosidade e solidariedade que serve para mellorar a vida de moitas persoas e, en moitos casos, salvar vidas”.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...