IniciosociedadeAutocares Sánchez e o concello de Monforte promocionan a cidade e Ribeira...

Autocares Sánchez e o concello de Monforte promocionan a cidade e Ribeira Sacra en España e Europa

O concello de Monforte chega a un acordo de colaboración coa empresa monfortina Autocares Sánchez, polo que Monforte e a Ribeira Sacra serán promocionados nas rutas de transporte de viaxeiros que esta empresa leva a cabo por España e por diferentes países de Europa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Colocarase un chamativo deseño publicitario na parte traseira nos autobuses da empresa que inclúe imaxes dalgúns das localizacións máis relevantes do Concello, como son o Miradoiro do Duque, o Parador Nacional e Conxunto monumental de San Vicente, Nosa Señora da Antiga, a Ponte Medieval ou o Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas. 

O lema desta campaña promocional é Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra. Ven a visitarnos…te esperamos!, xa que o obxectivo é animar a todos aqueles que visualicen o deseño a que descubran e visiten a cidade e a contorna, “na que destaca a oferta paisaxística, cultural, gastronómica e monumental”, subliñou Tomé Roca. 

Promoción constante por España e Centroeuropa

A rotulación dos autobuses levarase a cabo neste mes de xuño, e os vehículos comezarán a circular co deseño promocional durante os meses de xullo, agosto e ata principios do mes de setembro deste ano 2021.

A imaxe promocional de Monforte estará presente en dúas rutas internacionais de transporte regular de viaxeiros que cubre esta empresa de autocares monfortina.

Dunha banda, a ruta Málaga, Granada, Madrid, Burgos, San Sebastián, París, Bruxelas e Dortmund (Alemaña), sendo Málaga e Dortmund as cidades de saída e chegada da ruta.

E doutra, a que  transcorre dende Lisboa, Salamanca, Burgos, San Sebastián, Burdeos, Lyon e Zúrich (Suíza), tamén con saída e chegada en Lisboa e Zúrich.

“A frecuencia, en ambas rutas, será de 3 viaxes por semana, polo que a difusión publicitaria de Monforte e a Ribeira Sacra será constante ó longo de todo o verán”, subliñou o rexedor municipal.

ÚLTIMAS

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...