InicioComarca de SarriaSarriaDá positivo en covid un usuario da residencia de Sarria que xa...

Dá positivo en covid un usuario da residencia de Sarria que xa fora vacinado

Faráselle unha proba serolóxica a este residente co fin de determinar se se puidese tratar dun falso positivo.

Publicado o

- Advertisement -

As residencias de maiores de Galicia, que levaban sen casos de Covid-19 desde o pasado 16 de maio, rexistran un positivo dun usuario nun centro do municipio de Sarria. Segundo informou este martes a Consellería de Política Social, rexistrouse nun cribado habitual neste centro de maiores o positivo dun usuario da residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria.

Fontes de Política Social puntualizaron a Europa Press que este residente, que está vacinado, atópase “asintomático”, con “baixa capacidade de contaxio” e permanece illado. Así mesmo, as mesmas fontes engadiron que se lle vai a facer unha proba serolóxica a este residente co fin de determinar se se puidese tratar dun falso positivo.

DESDE 16 DE MAIO

As residencias de maiores de Galicia quedaron sen casos activos de Covid-19 a mediados de maio, despois de que recibisen o alta cinco usuarios do xeriátrico DomusVi de Chantada (Lugo), que contaban coa pauta vacunal completa.

Ese brote na residencia DomusVi de Chantada rompeu 14 días consecutivos sen casos activos nestes centros de maiores, desde que o 16 de abril deuse de alta ao último traballador infectado. No caso dos usuarios, habería que remontarse máis atrás para os últimos contaxios, vinculados ao brote da residencia Coviastec de Silleda (Pontevedra) de mediados de marzo.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...