IniciosociedadeIgualdade e infancia en Castro Caldelas

Igualdade e infancia en Castro Caldelas

O Concello programa para este venres 18 e para o sábado 19 dúas interesantes actividades nas que o protagonismo terano as mulleres e os nenos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres 18 o Concello de Castro Caldelas quere rachar cos estereotipos de xénero cunha actividade que axude ao empoderamento das mulleres.

A actividade, “Somos mulleres do rural e imos deixar o noso selo. Coñecéndonos e retratándonos”, empezará ás 18:30 no Castelo e consistirá nunha pequena homenaxe fotográfica que lle renderá cada asistente a unha muller da súa familia.

Segundo conta a alcaldesa, Sara Inés Vega, “coa bata da típica muller galega, e sobre todo labrega, e utensilios de uso común realizarase un conxunto de fotografías que formarán un mural onde se reivindicará a igualdade e o papel relevante do feminismo e a educación non sexista”.

Todas e todos as/os participantes recibirán de agasallo unha máscara do Irrio Peliqueiro cun detalle simbólico, as mans que suxeitan a máscara deste persoeiro tan representativo do pobo Caldelao son femininas.

FESTA DO NENO

Xa o sábado, 19 de xuño, de 16:00 a 20:00 h na Praza do Prado os nenos e nenas realizarán diversos talleres con temáticas de igualdade. Poderán asistir ao espectáculo familiar de maxia e humor do Mago Deimi, de circuitos de KARTS, inchables, obradoiros de igualdade, manualidades, xogos deportivos, xogos tradicionais, etc. Todo de balde e con protocolos Covid-19.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...