IniciosociedadeDescende o paro na zona sur da provincia en 181 persoas, situándose...

Descende o paro na zona sur da provincia en 181 persoas, situándose en 3.455 parados

A secretaria de acción sindical de Comisións obreiras Lugo valora positivamente o descenso do paro en Lugo centro sur, no mes de xuño con 181 parados menos que o mes anterior, pero segue habendo 3.455 parados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Destacan desde CCOO o descenso do paro nas comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos con 100 persoas menos, contando con 2.431 parados. Os mellores datos do paro da zona “Lugo centro sur” foron na comarca de Sarria con 81 parados menos.

Comarca de Sarria 1.024 parados (-81)

  • Paradela 36 (- 4)
  • O Incio 41 (- 5)
  • Samos 40 (- 4)
  • Láncara 100 (- 7)
  • Triacastela 22 (- 2)
  • O Páramo 32 (- 11)
  • Sarria 753 (- 48)

Comarca de Lemos 1573 (- 78)

  • Bóveda 49 (- 1)
  • A Pobra do Brollón 64 (- 1)
  • O Saviñao 155 (+ 1)
  • Pantón 99 (- 5)
  • Sober 94 (- 5)
  • Monforte 1112 (- 67)

Comarca de Quiroga 250 (+ 1)

  • Folgoso do Courel 45 (+ 2)
  • Quiroga 166 (- 3)
  • Ribas de Sil 39 (+ 2)

Comarca de Chantada 608 (- 21)

  • Taboada 88 (- 1)
  • Carballedo 74 (- 5)
  • Chantada 446 (- 15)

O Concello onde máis baixou o paro foi Monforte con 67 parados menos e Sarria con 48 desempregados menos nas listas do INEM. Na zona sur o paro baixou de forma importante nos sectores de servizos construción e a industria, de forma especial no sector hostalería.

Desde Comisións Obreiras aseguran que seguen vendo o principal problema a precariedade laboral e a alta rotación na contratación, dándose casos de ter ata cinco ou seis contratos no mesmo mes o que conleva que só o 5% dos contratos foron indefinidos. Desde CCOO consideran que os contratos de obra ou servizo na súa gran maioría están en fraude de lei. A secretaría de acción sindical espera que os grandes investimentos anunciados, que se van a realizar nas comarcas de Sarria e Lemos, “como consecuencia do AVE Ourense-Lugo sirvan para reactivar a economía nos sectores da construción, comercio, hostalería e potenciar de forma importante o sector industrial, xa que somos moi dependentes do sector servizos especialmente do turismo.”

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....