Iniciosociedade85.000 euros para a mellora da estrada que conecta A Pobra do...

85.000 euros para a mellora da estrada que conecta A Pobra do Brollón co Incio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar obras de mellora do firme na estrada LU-653, que conecta A Pobra do Brollón con Hospital do Incio. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o avance dos traballos, que se levaron a cabo durante as últimas tres semanas e que rematan agora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Administración galega inviste 85.100 euros na mellora de case 11 quilómetros da vía -desde o punto 3,200 ata o 14,100 -, dentro do termo municipal da Pobra do Brollón. A intervención consiste na reparación localizada do pavimento nos treitos que o precisan e a aplicación posterior dun dobre tratamento superficial de regos asfálticos con grava.

“Trátase dunha actuación necesaria para mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios desta estrada que vertebra as comunicacións dentro do concello da Pobra do Brollón e que beneficiará de xeito especial á veciñanza de núcleos como A Ferreirúa, Pacios e Biduedo”, indicou o delegado.

As obras son executadas pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas da Zona Sur da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...