IniciosociedadeMúsica e comida venezolana na Cantina de Meán

Música e comida venezolana na Cantina de Meán

Este establecemento, no Concello do Saviñao, aproveita a tempada estival para ofrecer comidas e música en directo. Este sábado 10 de xullo actuará o Dúo Énfasis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Juan Manuel Rodríguez, orixinario de Meán, na parroquia de Louredo, abre as fins de semana a súa casa, A Cantina de Meán, para ofrecer comidas e música en directo á súa clientela.

O pasado mes xa estivo actuando, por exemplo, Andrés Montes, no seu formato dúo coñecido como “Muy Montes”, e para este sábado 10 de xullo anuncia a presenza dun animado dúo, o Dúo Énfasis de Ourense.

O plan para este día é ofrecer a partir das 19:00 h. petiscos e comida venezolana cun acompañamento musical para facer a velada máis interesante se cabe.

Para reservar pódese chamar ao teléfono 678505219.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...