IniciosociedadeBolsa Cultural "Ribeira Sacra" na busca dun fotógrafo

Bolsa Cultural “Ribeira Sacra” na busca dun fotógrafo

O Concello de Sober convoca unha Bolsa Cultural “Ribeira Sacra” para o verán 2021, cuxo obxectivo é facilitar o desenvolvemento persoal dun fotógrafo/a que poderá asistir de maneira gratuíta ao Taller de Verán de fotografía: “O labirinto das formas”, impartido polo recoñecido e premiado fotógrafo, David Jiménez. O taller celebrarase do 22 ao 27 de agosto de 2021 na localidade de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas bolsas culturais son formacións promovidas e patrocinadas polo  Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural A Plantación a través de Talleres de Verán. Nesta ocasión a bolsa ten un valor de 775€.

A Plantación é un proxecto cultural onde se cultivan e comparten experiencias ao redor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de avanzar nos seus coñecementos e en reflexionar ao redor de proxectos e intereses creativos. 

Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a unha persoa con inquedanzas artísticas e culturais, empadroada, que traballe ou estude no Concello de Sober, principalmente con estes cinco perfiles:

  • Mozos universitarios e de formación profesional que queiran aumentar os seus coñecementos.
  • Traballadores con inquietudes e intereses culturais.
  • Persoas emprendedoras.
  • Persoas en situación de renovación na formación académica.
  • Mulleres do ámbito rural.

Os proxectos fotográficos presentados serán avaliados por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes. A temática é libre.

Requisitos de participación

1.-Dirixida a persoas empadroadas, que traballen ou estuden no Concello de Sober.

2. Contar cun proxecto orixinal e persoal.

3. O proxecto ha de estar presentado en galego ou en castelán. 

4. A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 19 de xullo de 2021 ás 00:00 horas, ao día e 30 de xullo de 2021 ás 23:59 horas (hora de España). As datas son improrrogables.  Unha vez finalizado o prazo de recepción de proxectos enviarase un  mail de confirmación ao participante. Se o recibes, significa que a participación chegou correctamente. 

4. Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF co teu nome e apelidos. Exemplo: Ana García.pdf. 

Debe conter:  

4.1 Ata un máximo de 5 fotografías cunha única unidade temática, con absoluta liberdade tanto na técnica utilizada como no tema elixido para a serie.

O número de píxeles no lado maior será ao redor de 2000. Cada imaxe deberá ir identificada co nome do autor e numerada: Ex. Ana García 001.

 4.2 Texto explicativo que resuma o proxecto. Que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono.

  4.3 Carta de intencións (motivo polo cal se solicita a bolsa).

  4.4 Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

5. O proxecto gañador, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días  de formación  experiencial, totalmente presencial (do 22 ao 27 de agosto de 2021) no Taller de Verán que levará a cabo na Casa Grande de Rosende en Sober, (o taller inclúe manutención en pensión completa. Os desprazamentos ata o lugar onde leva a cabo o taller son a cargo da persoa bolseira).

FALLO DO COMITÉ

O día 31 de xullo levarase a cabo a fase de lectura, análise e valoración dos proxectos, tendo en conta os requisitos anteriores. A avaliación será a cargo dun comité formado por dous representantes, un do Concello de Sober e outro de La Plantación. O fallo do xurado notificarase a través do correo electrónico á persoa gañadora da bolsa o día 2 de agosto de 2021.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...