IniciosociedadeO Concello de Chantada incorpórase ao sistema Viogen de protección das vítimas...

O Concello de Chantada incorpórase ao sistema Viogen de protección das vítimas da violencia de xénero

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicitouse este mércores pola próxima incorporación do Concello de Chantada ao sistema Viogen de protección das vítimas da violencia de xénero, que se aprobou nunha Xunta Local de Seguridade celebrada na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na reunión, que tamén analizou o operativo de seguridade con motivo da 47 edición da Subida a Chantada, participaron mandos da Garda Civil, do Subsector de Tráfico, a Policía Local e a Policía Autonómica.

Isabel Rodríguez aplaudiu a decisión do Concello e do alcalde de Chantada de sumarse aos concellos da provincia adheridos a Viogen, coa sinatura do procedemento operativo de coordinación e colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero.

A subdelegada anunciou que “cando conclúa o proceso, Chantada vai ser o quinto municipio da provincia no que a súa Policía Local colabora coa Garda Civil e a Policía Nacional na protección das vítimas da violencia de xénero”.

“É unha mostra de sensibilidade social e de compromiso nunha loita na que todos debemos implicarnos”, dixo a subdelegada quen informou de que, con data de onte, martes, o sistema Viogen tiña rexistrados 19 casos en Chantada, dos que 1 estaba catalogado como caso en risco medio, 9 en risco baixo e outros 9 non apreciado.

Ademais, Isabel Rodríguez informou de que a Garda Civil atendeu 2 denuncias por violencia de xénero en Chantada no que levamos de ano. En 2020 rexistráronse 7 e en 2019 foron 8 as denuncias presentadas por este motivo.

Subida a Chantada

En canto á 47 edición da Subida a Chantada, que se celebrará na fin de semana do 30 de xullo ao 1 de agosto, a subdelegada anunciou que a Garda Civil ten previsto poñer en marcha un dispositivo especial de seguridade, no que tamén participarán axentes do Subsector de Tráfico. 

Ademais, fixo un chamamento a pilotos e público para que respeten escrupulosamente todas as normas de seguridade da carreira previstas pola organización, e destacou especialmente a necesidade de non baixar a garda e cumprir coas normas contra o coronavirus ditadas polas autoridades sanitarias.

A Xunta Local de Seguridade tamén examinou a situación da seguridade cidadá no concello de Chantada, que, tal como reflicten as estatísticas da Garda Civil ten unha taxa de criminalidade do 18,51‰, que é inferior á media da provincia (21,1), de Galicia (27,3) e de España (37,4). 

A subdelegada informou de que en 2020 a delincuencia experimentou un descenso do -17,03% no municipio de Chantada, ao pasar de 182 infraccións penais no ano 2019 a 151 no 2020. 

Isabel Rodríguez considerou, en todo caso, que “non debemos ser triunfalistas porque 2020 foi un ano completamente atípico e as restricións á mobilidade tiveron tamén impacto nos feitos delictivos, tanto no seu número como no tipo de delitos rexistrados”. Así, descenderon tanto os delitos graves e menos graves, que foron 65 (-12,16%), como os leves, dos que se computaron 86 (-20,37%).

En contra desa tendencia á baixa, a subdelegada advertiu do aumento que se está a producir nas estafas por internet e informou de que en 2020 rexistráronse en Chantada 4 delitos de falsidade catalogadas como delitos graves ou menos graves. 

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...