Iniciosociedade21 Medallas no Mondial des Vins Extremes para a D.O. Ribeira Sacra

21 Medallas no Mondial des Vins Extremes para a D.O. Ribeira Sacra

Os viños da D.O. Ribeira Sacra obteñen 21 Medallas, 14 de Ouro e 7 de Prata, tras a participación no concurso internacional Mondial des Vins Extremes 2021 que se celebrou no Val de Aosta (Italia) entre o 15 e o 16 deste mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra presentou este ano 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seus viños e convertérona nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.

MEDALLAS DE OURO

  • Castro das Saíñas 2019 de Adega Saíñas C.B. (Pantón)
  • Sabatelivs 2020 de Adegas e Viñedos Lareu S.L. (Chantada)
  • Acivro 2020 de Adegas Salvadur S.L. (A Pobra do Brollón)
  • Almanova 2019 de Alma das Donas S.L. (Pantón)
  • Prómine Singular 2020 de Bodegas Petrón S.L. (Sober)
  • Rectoral de Amandi 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U. (Sober)
  • Condado de Sequeiras 2017 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Condado de Sequeiras 2019 de Grupo Peago S.L. (Chantada)
  • Estrela 2020 de D’Fran S.C. (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Vacamulo 2017 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Finca Cuarta por Rubén Moure 2020 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Ciudáseis 2019 de Mª Gloria Alavarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Regina Expresión 2017 de Regina Viarum S.L. (Sober)

MEDALLAS DE PRATA:

  • Matilda Nieves 2020 de Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U (Sober)
  • Don Bernardino 2020 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L. (Sober)
  • Décima 2020 de José Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Ciudáseis 2020 de Mª Gloria Alavarín Losada (Monforte de Lemos)
  • Val da Lenda 2020 de Víctor Manuel Rodríguez González (Sober)
  • Viña Frieira 2020 de Carlos Fernández Rodríguez (Sober)

O Mondial des Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas).

A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en terrazas; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...