IniciosociedadeMonforte e o Goberno do Estado colaboran para a posta en valor...

Monforte e o Goberno do Estado colaboran para a posta en valor do casco histórico da cidade

O Alcalde mostrouse convencido de que “atoparemos a colaboración para que os elementos históricos de Monforte rexurdan e sirvan para potenciar o turismo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, mantivo este xoves un encontro co Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, no marco dunha visita do representante do Goberno do Estado ó concello monfortino, que serviu para “analizar as posibilidades de colaboración entre a Secretaría de Estado de Turismo e o Concello para poñer en valor o casco histórico importantísimo que temos, así como os seus elementos singulares, que teñen unha proxección turística moi importante”, explicou o rexedor.

José Tomé asegurou que, coa visita de Valdés, que foi acordada entre ambos na pasada edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), abriuse un espazo de diálogo de cara a levar a cabo actuacións “para conservar o patrimonio e que ese patrimonio potencie o atractivo turístico de Monforte e do conxunto da Ribeira Sacra porque ambos están moi interrelacionados, falar de Monforte é falar da Ribeira Sacra, e viceversa”.

Tomé afirmou que o Concello xa ten exposto ó Secretario de Estado cales son as necesidades de Monforte “e o que analizamos agora son as posibilidades de colaboración para levar a cabo actuación, basicamente situadas no casco histórico, declarado conxunto histórico artístico no ano 1973”. “Despois de aprobar o Plan Especial de Protección do Casco Histórico, é o momento de empezar a facer actuación concretas”, explicou o Alcalde, explorando unha colaboración que nunca antes se abordara.

O Secretario de Estado de Turismo apuntou que o Plan de Modernización y Competitividad del Sector Turístico, dotado con 3.400M€ de fondos europeos, “dispón de recursos para abordar a posta en valor do patrimonio de Monforte como expoñente en canto ó patrimonio de uso turístico”. Valdés subliñou as capacidades desta ferramenta de financiamento, “tanto en materia de conservación do patrimonio histórico e cultural de uso turístico, como para desenvolver plans de sostibilidade que permitan a transformación do destino en materia de enerxética, e de transición verde e dixital”. A proposta pasa por diversificar o destino e xerar riqueza ó longo de todo ano, da desestacionalización”.

O Alcalde e tamén Presidente da Deputación de Lugo subliñou o compromiso do Goberno do Estado coa Ribeira Sacra e coa provincia en canto ao impulso do sector turístico, ao concederlle en dous anos o 50% dos plans de sostibilidade turística que recibiu Galicia: o da Ribeira Sacra, o ano pasado, dotado con 2M€, e o da Mariña, este ano, con 3M€. Trátase de dous proxectos “moi importantes” para seguir potenciando estas dúas zonas, “que ademais son das máis demandadas de Galicia dende o punto de vista turístico”, afirmou José Tomé, quen resaltou que “tanto a Ribeira Sacra como a Mariña están cunha ocupación practicamente do 100% na actualidade”, e que, no caso de Monforte, mesmo “hai consultas para ampliar prazas hostaleiras”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....