IniciosociedadeXunta e CSIC colaboran nunha escavación arqueolóxica no Castro Monte Cido do...

Xunta e CSIC colaboran nunha escavación arqueolóxica no Castro Monte Cido do Courel

A actuación, que comeza o día 2 de agosto e se desenvolverá durante a primeira quincena do mes, está financiada a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do grupo de investigación EST-AP do Instituto de Historia (IH) do Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CCHS), colaborarán nunha escavación arqueolóxica no Castro Monte Cido, no Courel, que comezará o luns. Trátase da primeira vez que se realiza unha campaña neste espazo e o obxectivo é entender as formas de poboamento nas serras orientais galegas na transición da Idade de Ferro ao comezo da dominación romana. 

A actuación, financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xorde por iniciativa da Asociación de  Desenvolvemento Rural Serra do Courel e da Asociación Cultural San Xoán de Seoane do Courel e conta tamén coa implicación do Concello de Folgoso do Courel.

“O castro Monte  Cido nunca foi obxecto dunha escavación arqueolóxica, pero hai evidencias de que del procede a táboa de hospitalidade do Courel e a aguia de Carbedo, unha das principais testemuñas do paso das lexións de Roma polos montes orientais de Lugo”, explica Brais X. Currás, investigador do IH e director do proxecto de escavación. Para o desenvolvemento desta escavación cóntase coa codirección de Luís  F. López González, da empresa Terra Arqueos S. L., autor dunha tese doutoral sobre o  poboamento antigo nas montañas do Courel.

O obxectivo da intervención é comprender as formas de poboamento nas serras orientais galegas na transición da Idade de Ferro ao comezo da dominación romana, incorporando a explotación do ouro como  vector determinante. Ademais, búscase indagar na súa cronoloxía, a súa función dentro do poboamento das montañas do Courel, a súa relación coa estrutura do territorio e a explotación do ouro e cal era o hábitat que albergaba.  

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...