Iniciosociedade20 persoas de media diaria nas visitas guiadas da Pobra do Brollón

20 persoas de media diaria nas visitas guiadas da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón propón unha variada oferta de lugares a visitar dentro do programa Déixate guiar, que este ano está tendo gran afluencia de xente. No tempo que levan en marcha dende o 15 de xullo, participaron algo máis de 250 persoas, cunha media diaria de 20 visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As propostas son o Castro de San Lourenzo, Adegas de Vilachá, Os Conventos, Cova das Choias e, como novidade deste ano, as Penas do Castelo en Salcedo. Estes lugares distribúense polo municipio brollonés tocando varias parroquias e variando dende a paisaxe do Val de Lemos, á Ribeira Sacra e á paisaxe courelá.

‘Esta estratexia de visitas guiadas comeza no ano 2017 no Castro de San Lourenzo e a partir de aí foise estendendo,’ indica Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón. ‘Dende aquela dous novos proxectos de arqueoloxía comunitaria xeran novos espazos visitables como son Os Conventos Penas do Castelo,’ amplía. ‘A idea é seguir nesta liña de aposta polo turismo cultural e natural establecendo novos proxectos con outras parroquias’.

Ademais destes proxectos ligados á arqueoloxía, as visitas á Cova das Choias e ás Adegas de Vilachá gozan de gran aceptación entre os visitantes. As cifras das visitas en xullo auguran un agosto con moito movemento de visitantes, o que coincide co que se está a sinalar dende outros organismos turísticos.

As visitas máis demandadas están sendo Os Conventos en Vilachá polo efecto Ribeira Sacra e Penas do Castelo en Salcedo, en parte polo efecto novidade. A Cova das Choias esperta moito interese mais por mor das medidas de protección do espazo que non pode acceder todo o mundo; as reservas xa están completas ata o 22 de agosto.

Este ano as visitas guiadas do Concello contan ademais co reforzo de Cristina Rodríguez Saa que está a realizar as prácticas do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas. As visitas continúan ao longo do mes de agosto agosto, de mércores a domingo ás 11:00 horas. O lugar a visitar cada día adáptase á demanda dos usuarios. Todas as visitas son gratuítas excepto a das Adegas de Vilachá, cun custe de 3€ que cubre unha cata na Adega Val do Frade.

Para visitar a Cova das Choias ou o Castro de San Lourenzo hai que contactar no teléfono 674 939 673. Para o resto das visitas, o teléfono de reserva é 650 624 828.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...