IniciosociedadePrimeira fase do acondicionamento da parcela do futuro cemiterio de Quiroga

Primeira fase do acondicionamento da parcela do futuro cemiterio de Quiroga

O concello de Quiroga aprobou na Xunta de Goberno do pasado 23 de xullo, a contratación da 1ª fase do acondicionamento da parcela onde se construirá o novo cemiterio municipal por un importe de 75.000 € e que comezará nos próximos días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez que se levantou acta para a ocupación destes terreos, que foron expropiados por un montante de 120.000€, o equipo de goberno quere comezar canto antes co acondicionamento destes traballos que van a consistir, nesta fase, na roza e limpeza do terreo, para posteriormente escarvar e realizar recheo de terras e homoxeneizar a pendente da parcela, para a recirculación de augas pluviais. 

Como seguinte punto, realizarase unha primeira parte de firmes, preparando o terreo con base de zahorra para posteriormente realizar os pavimentos da parcela. A estes traballos desta primeira fase, tamén se unirán as obras para a instalación de saneamento, fontanería e unha preinstalación soterrada do cableado de iluminación, para en fases posteriores, colocar a iluminación exterior en toda a ampliación do cemiterio.

Desde o concello sinalan que a decisión de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal, vén dada pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo. A lei de competencias municipais dí que é obriga dos concellos dispoñer dun terreo mortuorio, polo que o concello deberá realizar esta obra.

O proxecto do novo recinto, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, no que se construirán 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. 

Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional. O presuposto ascenderá a 450.000€ que se licitarán no vindeiro mes de setembro.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...