IniciosociedadeMedicamentos, efectos negativos sobre a condución

Medicamentos, efectos negativos sobre a condución

Aínda que existen diversos factores que inflúen en maior ou menor medida na orixe das lesións por accidentes de tráfico, o consumo de medicamentos é obxecto de crecente interese e é necesario que os profesionais sanitarios e a poboación xeral estean sensibilizados sobre os efectos negativos que determinados medicamentos poden ter na condución de vehículos, co fin último de previr as lesións por accidentes de tráfico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte lanza unha nova campaña na que o seu obxectivo principal é difundir os efectos negativos sobre a condución de vehículos que poden ter algúns medicamentos. Para elo, solicítase a implicación e a colaboración dos axentes sanitarios de Monforte e comarca, para que transmitan esta información á poboación xeral, repartíndose máis des 100 carteis informativos en todas as farmacias e centros sanitarios de Monforte e comarca, co obxecto de difundir ó máximo esta campaña.

“Medicamentos e condución: O papel dos profesionais sanitarios”

A campaña céntrase en sensibilizar e promover unha información adecuada sobre os efectos dos medicamentos na condución de vehículos aos profesionais sanitarios, así como ao público en xeral, o que inclúe non só a pacientes que utilizan medicamentos de forma ocasional e/ou habitual, senón tamén ao conxunto da poboación. 

Na seguridade viaria están implicados non só os condutores de vehículos, senón tamén outros usuarios das vías, como son os peóns. Por esta razón a “información adecuada” diríxese ao público no seu conxunto, e non só aos condutores e/ou pacientes en tratamento farmacolóxico.

Informacións que deben coñecer os profesionais sanitarios e como deben transmitir esta información á poboación.

Dende a UAD detállanse ás recomendacións dirixidas ós profesionais sanitarios:

Ter sempre especial precaución ao prescribir medicamentos a persoas que conducen. Débense ter en conta os seguintes aspectos:

  • Patoloxía ou síntomas a tratar.
  • Efectos do medicamento sobre a función psicomotora e a capacidade de conducir.
  • Se o paciente conduce ou non de forma habitual e especialmente se é condutor profesional. 

Se a utilización do medicamento pode supoñer un risco para o paciente, se é posible, deberíase:

  • Seleccionar a alternativa que non presente efectos sobre a capacidade de condución ou que estes sexan mínimos. 
  • Elixir a vía de administración que produza menos efectos sistémicos (tópica, nasal). 
  • Axustar a dose e/ou os horarios das tomas (por exemplo dose única nocturna). 
  • Valorar sempre a especial sensibilidade aos medicamentos nas persoas maiores, os pacientes con insuficiencia renal, os diabéticos, etc. 

Cando un paciente consome medicamentos e sobre todo se conduce, o profesional sanitario debería darlle unhas pautas xerais:

  • Indicarlle que antes de conducir ou utilizar maquinas, debe coñecer en que medida o medicamento que está a tomar aféctalle para levar a cabo estas actividades. E que se observa que o medicamento inflúe nos seus reflexos e capacidade de concentración, prodúcelle excesiva somnolencia, etc. debe consultarllo e evitar conducir pero non deixar de tomar o medicamento.
  • Explicarlle que o efecto do medicamento maniféstase de maneira máis intensa nos primeiros días do tratamento ou en caso de cambio de dose, en especial durante as primeiras horas despois da inxesta do mesmo. 
  • Lembrarlle que é importante que siga as instrucións que se lle deron en relación ao medicamento.
  • Informarlle de que beber alcol se está a tomar medicamentos pode aumentar o risco de sufrir efectos adversos (maior sedación e somnolencia, perda de reflexos, etc.) e, ademais, afectar negativamente á súa capacidade para conducir. Lémbrelle que sempre debe evitar conducir despois de consumir calquera cantidade de alcol.
  • Explicarlle que se ten que conducir de forma habitual, debe dicilo sempre, para valorar a posibilidade de atopar o medicamento que menos inflúa sobre a súa capacidade para conducir.
  • Convidarlle a consultar calquera tipo de dúbida sobre a medicación que está a tomar e os seus efectos sobre a condución. 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...