IniciosociedadeA D.O. Ribeira Sacra recuperará 5.800 hectáreas para a plantación de vides

A D.O. Ribeira Sacra recuperará 5.800 hectáreas para a plantación de vides

A D.O. Ribeira Sacra reúne máis da metade da superficie demandada polas denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia para desenvolver polígonos de viñedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 5.800 hectáreas de parcelas en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha demandadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos. 

O conselleiro do Medio Rural, José González, agradece o labor do Consello Regulador da denominación de orixe á hora de delimitar estas zonas e de traballar para localizar os mellores terreos da contorna. Unha iniciativa que González enmarcou na Lei de recuperación da terra agraria, que -dixo- “tamén está pensada para a Galicia vitivinícola”.

O titular de Medio Rural puxo en valor este sector, que cualificou como “un dos máis dinámicos da nosa economía agraria”, por ser quen de xerar sinerxías con outras actividades complementarias, como é o enoturismo. Precisamente, engadiu González, neste contexto a Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia impulsada pola Xunta co sector e recentemente presentada “vén para mellorar decisivamente o posicionamento dos nosos viños”, entre eles os de Amandi e da Ribeira Sacra, nos mercados nacionais e internacionais.

Valor engadido

Trátase, sinalou González, de “xerar valor engadido” e de “ser máis competitivos” para mellorar, se cabe, a xa magnífica posición e recoñecemento do que gozan os viños galegos dentro e fóra da nosa comunidade. Así, engadiu o conselleiro, o viño ten que se consagrar como elemento dinamizador das comarcas vitivinícolas pola man dese valor engadido.

Nesta liña, José González destacou tamén o compromiso da Xunta co sector, que se pon de manifesto a través de diferentes liñas de axudas e, nomeadamente, do préstamo vendima, unha medida aplicada xa o ano pasado e que este ano se retoma por parte da Consellería. O seu obxectivo é apoiar a compra de uva a prezos normais de mercado, diante das dificultades que está a ocasionar a pandemia ás adegas.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...