IniciosociedadeMelloras nas estradas provinciais de Monforte, Bóveda e O Páramo

Melloras nas estradas provinciais de Monforte, Bóveda e O Páramo

A xunta de goberno da Deputación sacou adiante a licitación dos traballos de acondicionamento e rehabilitación do firme en 5 estradas do Páramo e Ribadeo e a adxudicación das obras noutras 5 vías que atravesan os concellos de Guitiriz, Monforte de Lemos, Bóveda, Pastoriza, Castro de Rei e Barreiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello do Páramo licitáronse os traballos da A LU-P-4304 que é a que conecta o municipio coa Pobra de San Xiao. As actuacións terán un investimento de máis de 367.000€ consistirán no acondicionamento dun tramo de máis de 200 metros -do punto quilométrico 5,200 ao 5,435- e outro de máis de 1 quilómetro no antigo tramo da LU-P-2904, que conecta O Páramo con Conturiz. O prazo de execución destes traballos será de 6 meses.

Tamén se licitou de forma conxunta as obras de mellora noutras 3 estradas deste concello. Na LU-P-4203, que é a que une Pacios e Trebolle. Neste caso rehabilitaranse máis de 6 quilómetros da vía, dende o punto quilométrico 8,020 ao 14,088. Trátase dunha estrada que dá servizo ás parroquias de Friolfe e A Torre, ademais de unir co concello de Paradela. Na LU-P-4305, que conecta O Páramo con Moscán, os traballos centraranse en rexenerar preto de 1,5 quilómetros dende o seu inicio ao punto quilométrico 1,426. Mentres que na LU-P-4306, que vai a Santo André da Ribeira, as obras de rexeneración terán lugar nos primeiros 5,6 quilómetros de vía. O prazo para acometer estes traballos nestas 3 estradas provinciais do Páramo será de 4 meses e o investimento será dun total de 122.851€.

No concello de Monforte de Lemos adxudicáronse as melloras para outro tramo da estrada que conecta a capital da Ribeira Sacra con Currelos, no concello do Saviñao, a LU-P-3202. A Deputación xa acometeu a renovación do firme desta estrada entre o quilómetro 2,6 e 6,8 cun investimento de 237.100€; e agora adxudicouse, por outros 133.100€, un proxecto para acondicionar o treito que discorre entre o punto quilométrico 6,9 e o 10,4. “Estas obras na estrada de Monforte a Currelos terán unha importante repercusión na mellora da seguridade viaria e na comodidade dos condutores ao tratarse dunha ruta moi utilizada polos veciños e veciñas destes dous concellos da zona sur”, sinalou Tomé Roca. Estes traballos terán un prazo de execución de 9 meses.

Adxudicáronse melloras noutro tramo da LU-P-0907, en Bóveda, que conecta Teilán co concello de Paradela. Neste caso xa se fixeran traballos no primeiro tramo da vía, dende os puntos quilométricos 0 e 3,2 por un investimento de 93.170 €. Agora adxudicouse a obra para a continuación do tramo, entre o punto quilométrico 3,3 e o 6,077 por un importe de 82.280€ e un prazo de execución de 9 meses.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...