A licitación a restauración dos retablos da igrexa do colexio do Cardeal

As novas actuacións suporán unha completa intervención nos retablos de Nosa Señora das Escolas Pías, San Xosé de Calasanz, Santo Cristo, San Xosé, Virxe das Dores, Virxe de Fátima, Santo Antón e a Adoración dos Reis, xunto co púlpito e o tornavoz.

Escolapios / CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA

Os traballos incluirán a limpeza, eliminación de elementos alleos, desinsectación, consolidación da madeira ou a reintegración cromática e de volumes, entre outros. 

Xa están en marcha as obras de conservación da estrutura, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste 420.000 euros e que previsiblemente rematen no outono. Afectan á igrexa, o claustro e as áreas de visita pública, e resolverán as afeccións que sufre o inmoble, entre elas as gretas provocadas polo célebre terremoto de Lisboa de 1755 que, aínda que non comprometen á estabilidade das bóvedas, é preciso corrixir.

A intervención suporá evitar as filtracións na cuberta do presbiterio, arranxar e recuperar o pasadizo que comunica as dúas alas na planta baixa -que se reformou por última vez no ano 1835-, reverter a entrada de auga a través das carpinterías do tambor na cúpula, e deter os ataques xilófagos que afectan tanto ao pavimento como a diferentes elementos mobles.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here