IniciosociedadeRock e blues na Cantina de Meán

Rock e blues na Cantina de Meán

O vindeiro sábado 21 de agosto amenizará as ceas deste establecemento o dueto 'Indigo Gods'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Cantina de Meán, no Concello do Saviñao, convida este sábado 21 de agosto a un novo concerto musical a cargo do dúo “Indigo Gods”, composto polos guitarristas Saulo Sauce e Paul Baker.

Segundo nos indica Paul, interpretan cancións orixinais e algunha versión, case todas en inglés, predominando o rock e o blues.

Para eles esta formación reducida é un proxecto novo pois coñécense dende hai tempo e tocan xuntos en dúas bandas de rock: ‘Lacón con Grelos Blues Band’ e ‘Skintight’.

Aquí un exemplo do tipo de música que fan.

Para asistir á actuación prégase reservar con antelación no teléfono 678 50 52 19.

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...